Accésit 1º Ciclo de la ESO 2025-26

QUÉROTE

(ROMANCE)

 

 

Verde, azul, gris e branco,

meigas, lume e feiticeiras;

mares, prados e barrancos,

barcos, barquiños e leiras.

 

Castiñeiros e carballos,

suave brisa mareeira,

crecente luz do orballo

e rondallas domingueiras.

 

Praias de area branca

bosques, hortiñas e xardíns

noiteciñas de retranca

ceo e ceo como non vin!

 

Cíes, Ons e Monteagudo

peces e mais pescadores

montañas, cerros picudos

chuvias, fríos e calores.

 

Xotas, tamén muiñeiras,

catedrais, santos e igrexas

caixas e pandeireteiras

que as mais bonitas sexan.

Non hai volcáns, altas cimas

nin veráns de moito calor.

Pero detrás destas rimas

ocúltase un amor.

 

Quérote, Galiza miña!

E querreiche para sempre!

Quérote, Galiza miña!

E quérote sempre verde!

 

Quérote, Galiza miña!

Que sorte de coñecerte!

Quérote, Galiza miña!

No mais alto quero verte!

 

Mateo E. S.