EXPLÍCAME A MORTE
Lembro o silencio da norte. Era un silencio especial, non
baleiro, senón cheo de algo que eu non sabería explicar. Como o aire antes
dunha tormenta.
A primeira vez que sentín iso foi na casa da miña avoa. O
chan de madeira antiga renxía baixo os meus pés, e o reloxo da parede marcaba
un tempo que xa non importaba. Ela estaba deitada cos ollos pechados, coma se
estivese escoitando unha música distante.
Senteime ao seu carón e collinlle a man. Estaba fría, coma
se a calor que algún día emanara ocultárase dentro dela.
- Non teñas medo -parecía dicirme sen abrir os beizos.
E eu non tiven medo. Non nese momento.
Despis veu o baleiro. Non un baleiro escuro, senón un espazo
enorme onde as cousas deixan de ter importancia. As palabras quedan suspensas,
as lembranzas dilúense e o mundo segue xirando.
Foi entón cando entendín que a morte non chega coma un
golpe, senon como unha marea que avanza case imperceptiblemente ata que un día
xa non hai terra firme baixo os pés.
Co paso do tempo comencei a recoñecer a presenza da morte
moutros lugares: nos bancos baleiros, nas fiestras acesas de madrugada...
A morte non é unha inimiga. É unha compañeira discreta, unha
sombra que camiña ao teu carón sen notala.
Unha noite soñei que falaba con ela.
- Por que levasá xente? -pregunteille.
. Non levo a ninguén, so abro portas -respondeu.
Iso fíxome pensar en deixar de relacionar a morte co final,
senon co inicio de algo que non coñecemos ou non queremos coñecer porque:
A norte é unha forma de aceptar que, ao final, todos somos
un pouco de luz que aprende a desaparecer sen deixar de brillar.
Bosco A. B.